Difundimos aquí esta información que nos han comunicado, para as persoas que estean interesadas:
Co obxetivo de apoiar o autoemprego e a actividade emprendedora das persoas galegas retornadas, esta Secretaría Xeral de Emigración da Xunta de Galicia, ven de publicar a Resolución do 15/02/2016, da Secretaría Xeral de Emigración, pola que se aproban as bases reguladoras das subvencións, en réxime de concorrencia non competitiva, para promover o autoemprego e as actividades emprendedoras en Galicia, para as persoas galegas retornadas, e se procede a súa convocatoria para este ano 2016.
O prazo de presentación comeza o 02/03/2016 e remata o 31/08/2016.
Serán gastos subvencionables, os gastos de notaría e rexistro, servizos de profesionais, tributos, licencias administrativas, gastos derivados do desenvolvemento e implantación da páxina web e da pasarela de pagamento para a realización de ventas en liña, publicidade e propaganda, primas de seguros, arrendamento de local, de maquinaria e de equipos informáticos, e subministración de servizos imputables ó desenvolvemento da actividade (calefacción, gas, auga, electricidade, internet e telefonía).
En relación cos requisitos comuns que deben cumprir os beneficiarios da convocatoria das subvencións, ademais dos requisitos comuns- haber nacido en Galicia que residindo fora de España, reornen a Galicia, ou ben os cónxuxes ou persoas con unión análoga á conxuxal e os/as fillos/as daquelas, as persoas solicitantes deberan cumprir o seguinte:
Por outra banda, as persoas solicitantes deberan cumprir uns requisitos específicos, segundo se trate de traballadores/as autónomos/as ou por conta propia ou socios/as traballadores/as de sociedades laborais ou de cooperativas de traballo asociado:
Poden consultar este e outros aspectos da convocatoria a través do seguiente enlace:
http://emigracion.xunta.gal/actividade/lina-de-axuda/subvencions-promover-o-autoemprego-e-actividade-emprendedora-das-persoas-2
Ou ben poderá ter información nos seguintes números de teléfono ou correos electrónicos:
Servizo de Planificación e Xestión de Programas:
+0034 981 957 162
+0034 981 547 284
email: retorno.emigracion@xunta.es
Deja un comentario