Profesionales

De Gran Calidad

Asesoramiento 

fiscal, legal tramitación de subvenciones

Promocionamos

El Autoempleo

Difundimos aquí esta información que nos han comunicado, para as persoas que estean interesadas:

Co obxetivo de apoiar o autoemprego e a actividade emprendedora das persoas galegas retornadas, esta Secretaría Xeral de Emigración da Xunta de Galicia, ven de publicar a Resolución do 15/02/2016, da Secretaría Xeral de Emigración, pola que se aproban as bases reguladoras das subvencións, en réxime de concorrencia non competitiva, para promover o autoemprego e as actividades emprendedoras en Galicia, para as persoas galegas retornadas, e se procede a súa convocatoria para este ano 2016.

O prazo de presentación comeza o 02/03/2016 e remata o 31/08/2016.

Serán gastos subvencionables, os gastos de notaría e rexistro, servizos de profesionais, tributos, licencias administrativas, gastos derivados do desenvolvemento e implantación da páxina web e da pasarela de pagamento para a realización de ventas en liña, publicidade e propaganda, primas de seguros, arrendamento de local, de maquinaria e de equipos informáticos, e subministración de servizos imputables ó desenvolvemento da actividade (calefacción, gas, auga, electricidade, internet e telefonía).

En relación cos requisitos comuns que deben cumprir os beneficiarios da convocatoria das subvencións, ademais dos requisitos comuns- haber nacido en Galicia que residindo fora de España, reornen a Galicia, ou ben os cónxuxes ou persoas con unión análoga á conxuxal e os/as fillos/as daquelas, as persoas solicitantes deberan cumprir o seguinte:

  • Ter nacionalidade española antes de retornar a España.
  • Non ter transcorrido máis de 2 anos entre a data de retorno a España, e a data de presentación da solicitude de axuda ao abeiro da Resolución do 15/02/2016 da Secretaría Xeral de Emigración.
  • Residir e exercer a súa actividade laboral ou profesional en Galicia.
  • Non ter sido beneficiaria desta axuda para a mesma actividade ao abeiro de anteriores convocatorias.
  • Non ter incorrido en ningunha das circunstancias e prohibicións para obter a condición de beneficiario de subvencións enumeradas no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

Por outra banda, as persoas solicitantes deberan cumprir uns requisitos específicos, segundo se trate de traballadores/as autónomos/as ou por conta propia ou socios/as traballadores/as de sociedades laborais ou de cooperativas de traballo asociado:

  • Traballadores/as autónomos/as ou por conta propia:
  • a)  Ser titular dun negocio ou explotación ou formar parte dunha sociedade civil ou comunidade de bens.
  • b) Terse dado de alta na Seguridade Social ou mutualidade do colexio profesional que corresponda, no período o que se refire o punto b) dos requisitos comúns anteriormente citados.
  • Socios/as traballores/as de sociedades laborais ou cooperativas de traballo asociado:
  • a) As entidades deberán estar legalmente constituidas e estar inscritas no Rexistro Administrativo de Sociedades Laborais de Galicia ou no Rexistro de Cooperativas de Galicia.
  • b) Afiliación da entidade na Seguridade Social e de cada un das súas persoas traballadoras no período o que se refire o punto b) dos requisitos comúns anteriormente citados.

Poden consultar este e outros aspectos da convocatoria a través do seguiente enlace:

http://emigracion.xunta.gal/actividade/lina-de-axuda/subvencions-promover-o-autoemprego-e-actividade-emprendedora-das-persoas-2

Ou ben poderá ter información nos seguintes números de teléfono ou correos electrónicos:

Servizo de Planificación e Xestión de Programas:

+0034 981 957 162

+0034 981 547 284

email: retorno.emigracion@xunta.es

 

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos necesarios están marcados *

Puedes usar las siguientes etiquetas y atributos HTML: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>