Profesionales

De Gran Calidad

Asesoramiento 

fiscal, legal tramitación de subvenciones

Promocionamos

El Autoempleo

Dejamos información sobre un interesante taller de marketing:

«IV TALLER DE MARKETING EXPERTISE: INNOVACIÓN ABERTA E COMERCIALIZACIÓN DA INNOVACIÓN No ámbito da Estratexia de internacionalización, e en consonancia cos obxectivos da Entreprise Europe Network (EEN) vai desenvolverse o IV taller Marketing Expertise, organizado polo Igape en colaboración da cátedra Jean Monnet da Universidade da Coruña e centrado na Innovación Aberta e Comercialización da Innovación en mercados internacionais. O obxectivo deste taller son as prácticas das compañías multinacionais na comercialización da innovación.

Este cuarto encontro técnico contará coa participación do Dr. Rudolf Albert, ex-xerente de distribución global no Grupo Wrighleys antes de unirse á Escola de Negocios da Universidade de Pforzheim (Alemaña). Operou en 54 países, desempeñando importantes funcións en América Latina.

O evento tamén contará coa intervención do Dr. Jürgen Janovsky, profesor na Universidade de Pforzheim, responsable do desenvolvemento e xestión de proxectos de colaboración con empresas privadas e autoridades públicas. Experto en Xestión da Innovación, Transferencia de Tecnoloxía e Desenvolvemento de Pemes.»

Día: 25 de febreiro, a partir das 09:45 horas.
Lugar: Santiago, Confederación de Empresarios de Galicia, Rúa do Vilar, 54.

Día: 26 de febreiro, a partir das 11:45 horas.
Lugar: A Coruña, Confederación de Empresarios da Coruña, Praza de Luís Seoane, Torre 1 Entreplanta.

Día: 26 de febreiro, a partir das 18:00 horas.
Lugar: A Coruña, Universidade da Coruña, Facultade de Economía e Empresa, Campus de Elviña s/n

Máis información, programa e inscricións ( http://www.igape.es/gl/xornadas?id=43&hm=1 )

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos necesarios están marcados *

Puedes usar las siguientes etiquetas y atributos HTML: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>